CALENDARIO DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA

Prazo ordinario:

Preinscripción (prazo ordinario) 20 de xuño-15 de xullo
   Lista admitidos Pendente
   Reclamaciones Pendente
   Lista definitiva Pendente
   Matrícula 30 xullo-25 agosto

Prazo extraordinario:

Preinscripción 25 de agosto – 5 setembro
   Lista admitidos Pendente
   Reclamaciones Pendente
   Lista definitiva Pendente
   Matrícula 20-24 setembro

Os alumnos interesados en cursar o posgrao no curso 2024/25 deberán preinscribirse (sen abono de taxas), tendo en conta que o día límite deberá aportar a totalidade da documentación requirida.

Xunto co Boletín de Preinscrición deberá enviarse toda a documentación. En caso de solicitarse beca tamén deberá enviarse a documentación correspondente.

DOCUMENTACIÓN A APORTAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRIPCIÓN:

  • DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo

  • Título que dá dereito ao acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo. Será un dos seguintes:
    • Copia do título universitario de acceso
    • Certificado substitutorio do título
    • Certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título
  • Expediente académico
  • Currículum Vítae.
Preinscripción en la FUAC

BOLSAS, BECAS E AXUDAS

Requisitos para ser beneficiario/a dunha bolsa de matrícula:

  • Ser admitido no Máster
  • Estar en situación de desemprego, acreditada mediante informe da vida laboral ou documentación pertinente do INEM

Procedemento. Concederanse bolsas do 50% da matrícula a un 10% dos estudantes matriculados no Máster, que se poderán solicitar xunto coa preinscrición.

• A selección dos candidatos efectuarase por parte da Comisión de Coordinación Académica do Máster. Para a adxudicación das bolsas a Comisión Académica ordenará as solicitudes tendo en conta a puntuación obtida de acordo co seguinte baremo:

– A. 2 puntos por cada un dos tres últimos anos de estudos de grado nos que o alumno obtivese bolsas da convocatoria xeral e/ou de mobilidade de primeiro e segundo ciclo do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes. Ata un máximo de 6 puntos

– B. Ata un máximo de 4 puntos, en función da nota media do expediente académico. No caso de posuír máis dunha titulación terase en conta tan só a que se utilice como referencia para a admisión no curso de posgrao.

Xunto coa preinscrición, o alumno interesado en obter bolsa de axuda deberá aportar a documentación acreditativa requirida.