CALENDARIO DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA
Prazo ordinario:
Preinscripción (prazo ordinario) | 20 de xuño-15 de xullo |
Lista admitidos | LISTAXE DE ADMITIDOS EN PRIMEIRA CONVOCATORIA |
Reclamaciones | Pendente |
Lista definitiva | Pendente |
Matrícula | 30 xullo-25 agosto |
Prazo extraordinario:
Preinscripción | 25 de agosto – 5 setembro |
Lista admitidos | Pendente |
Reclamaciones | Pendente |
Lista definitiva | Pendente |
Matrícula | 20-24 setembro |
Os alumnos interesados en cursar o posgrao no curso 2024/25 deberán preinscribirse (sen abono de taxas), tendo en conta que o día límite deberá aportar a totalidade da documentación requirida.
Xunto co Boletín de Preinscrición deberá enviarse toda a documentación. En caso de solicitarse beca tamén deberá enviarse a documentación correspondente.
DOCUMENTACIÓN A APORTAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRIPCIÓN:
-
DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo
- Título que dá dereito ao acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo. Será un dos seguintes:
- Copia do título universitario de acceso
- Certificado substitutorio do título
- Certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título
- Expediente académico
- Currículum Vítae.
BOLSAS, BECAS E AXUDAS
Requisitos para ser beneficiario/a dunha bolsa de matrícula:
- Ser admitido no Máster
- Estar en situación de desemprego, acreditada mediante informe da vida laboral ou documentación pertinente do INEM
Procedemento. Concederanse bolsas do 50% da matrícula a un 10% dos estudantes matriculados no Máster, que se poderán solicitar xunto coa preinscrición.
• A selección dos candidatos efectuarase por parte da Comisión de Coordinación Académica do Máster. Para a adxudicación das bolsas a Comisión Académica ordenará as solicitudes tendo en conta a puntuación obtida de acordo co seguinte baremo:
– A. 2 puntos por cada un dos tres últimos anos de estudos de grado nos que o alumno obtivese bolsas da convocatoria xeral e/ou de mobilidade de primeiro e segundo ciclo do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes. Ata un máximo de 6 puntos
– B. Ata un máximo de 4 puntos, en función da nota media do expediente académico. No caso de posuír máis dunha titulación terase en conta tan só a que se utilice como referencia para a admisión no curso de posgrao.
Xunto coa preinscrición, o alumno interesado en obter bolsa de axuda deberá aportar a documentación acreditativa requirida.