OBXECTIVOS E COMPETENCIAS XERAIS
- Formar especialistas no ámbito da Atención Temperá e ofrecer vías de formación e actualización aos profesionais dos servizos sanitarios, sociais e/ou educativos que exerzan ou desexen orientar a súa actividade profesional no espazo 0-6.
- Promover unha concepción multidimensional do desenvolvemento orientada a facilitar unha socialización inclusiva no itinerario de 0 a 6 anos, comprender o papel das familias, das contornas de crianza e educación infantil, e dos apoios comunitarios. Asumir unha metodoloxía interdisciplinaria e transdisciplinaria nos procesos de avaliación e intervención.
- Promover as competencias persoais para saber relacionarse cos nenos/as, as familias e os recursos da contorna.
- Incorporar unha sistemática de avaliación e avance da calidade dos servizos que se prestan aos nenos e ás nenas e ás familias.
- Saber identificar, articular e promover estratexias que articulen a prevención primaria, secundaria e terciaria.
- Exercitar a reflexión e investigación e promover unha posición ética ante os dilemas que presenta a intervención.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
- Dispoñer de criterios para observar e analizar os aspectos axiais do desenvolvemento persoal e a socialización de cada neno/a
- Aprender a contextualizar os problemas evolutivos no traballo de caso
- Saber situar o nivel desenvolvo dun neno/a en función dos parámetros do desenvolvemento típico
- Identificar, valorar e actuar sobre os factores de risco e protección na contorna familiar, escolar e comunitario de cada neno/a
- Preparar programas personalizados en colaboración coa familia e os servizos e institucións que participan na crianza, coidados e/ou educación de cada neno/a
- Exercitarse nos procesos de traballo de caso, realizar rexistros, preparar memorias, elaborar informes
- Dispoñer de criterios para observar e analizar os aspectos axiais do desenvolvemento persoal e a socialización de cada neno/a