METODOLOXÍA

O máster ten carácter semipresencial alternando sesións presenciais e sesións online.

O mestrado require dunha asistencia de, polo menos, un 80% ás clases presenciais.

A avaliación de cada curso realizarase a través dun cuestionario online dispoñible durante 48 horas despois da finalización de cada un.

As sesións presenciais realizaranse cada quince días nas instalacións da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, campus de Elviña. Habitualmente serán sesións de Venres tarde e Sábado mañá. Estas sesións estarán centradas nos aspectos máis prácticos, formas de traballo, procedementos, técnicas, estudo de casos, etc.

As sesións online realizaranse os venres pola tarde tamén cada quince días. E estarán orientadas a profundar en aspectos teóricos ou de encadre, metodoloxía e recursos crave.

A metodoloxía docente fomentará a participación, a exposición de dúbidas, aportacións e o debate crítico. Utilizaranse técnicas de xogo de rol e sesións vivenciais, o análise de fontes documentais e das bases de datos mais relevantes

Os contidos estrutúranse en 8 módulos:

  1. O primeiro está dedicado a comprender o desenvolvemento do neno como suxeito e as súas diferentes fases desde unha perspectiva interdisciplinaria e multidimensional. Un percorrido integrador dos aspectos que son axiais no proceso evolutivo como as bases xenéticas e biolóxicas, a vinculación e o apego, a adquisición das competencias pragmáticas e a socialización cos iguais, a necesidade do xogo e o espertar da conciencia moral.
  2. No segundo módulo profundarase na familia e na comunidade como contextos crave do desenvolvemento. As respostas da familia ante a adversidade e a forma de analizar na práctica as dinámicas familiares. O significado das políticas de parentalidade positiva.
  3. No terceiro módulo abordaranse os sistemas de protección universal que pon a comunidade ao servizo das familias para coñecer como funcionan os servizos de prevención e asistencia pre, peri e postnatales, as escolas infantís e os coidados substitutivos, os programas comunitarios e especializados de servizos sociais. Unha visión transversal imprescindible para un traballo sinérxico e coordinado no espazo 0-6.
  4. O cuarto módulo está centrado na aprendizaxe dos procesos de actuación no traballo de caso en Atención Temperá: a detección, a derivación, a acolleita, a valoración en equipo, a colaboración coa familia e as redes sociais, o programa personalizado de intervención, a avaliación e finalmente a alta e a transición a outros servizos.
  5. O quinto módulo está orientado a coñecer dende a experiencia práctica como hai que flexibilizar os procesos de actuación para ter en conta condicións evolutivas específicas, sexa por limitacións biolóxicas ou condicións contextuais adversas.
  6. O sexto é un módulo de práctica dirixida a afondar nas competencias persoais que son necesarias para relacionarse cos nenos/as, construír alianzas coas familias, no propio equipo e coas redes de recursos.
  7. No sétimo módulo realizaranse case 100 horas de prácticas preferentemente nos Servizos comunitarios específicos e as Unidades hospitalarias da Rede Galega de Atención Temperá. O período de prácticas axustarase de forma personalizada ás características e necesidades de cada estudante, para poder completar polo menos catro semanas completas presenciais nun servizo de Atención Temperá.
  8. Para rematar, o oitavo módulo corresponde ao traballo de fin de máster.