MATRÍCULA

O 6 de maio de 2025 a Dirección Xeral de persoas con discapacidade da Consellería de Política Social anunciou o seu apoio o Mestrado de Desenvolvemento Infantil e Atención Tempera comprometéndose a unha financiación para o mesmo de 20.000€ que permitirá reducir en 800 euros o custo da matrícula ao 100% dos inscritos (máximo de 25). A reducción aplicarase no pago único da matrícula, ou no primeiro prazo de optar polo pago aprazado.

Adicionalmente, o mestrado concederá Bolsas MAT para matrícula a un 10% das personas preinscritas que o soliciten e cumpran os requisitos establecidos.

Pago único:

  • Abonaranse 2.100 € (nas datas que se aproben no Consello de Goberno).

Pago aprazado:

  • Abonaranse

    650 €

    nun primeiro prazo, e nas datas que se aproben no Consello de Goberno.

  • Abonaranse 1.450 € nun segundo prazo, antes do 31 de xaneiro de 2026

Alumnos con bolsa concedida

  • Unha vez concedidas as Bolsas MAT, os/as beneficiarios/as deberán efectuar un so pago de 1.050 € en concepto de matrícula, quedando exonerados do segundo prazo.
MATRÍCULA (enlace operativo cando abra o prazo)