DESTINATARIOS
Estudantes e profesionais que desexen traballar ou actualizar a súa formación en desenvolvemento infantil e atención temperá:
- Recentemente graduados
- Profesionais dos centros e servizos de Atención Temperá, públicos, concertados, de iniciativa social ou privada.
- Traballadores sociais e profesionais dos servizos sociais comunitarios, específicos e especializados, educadores familiares, servizos de menores, de discapacidade, mediadores familiares.
- Persoal sanitario dos servizos de neonatoloxía e de rehabilitación infantil dos hospitais, centros de saúde, pediatría, enfermería comunitaria.
- Educadores, titoras e orientadoras das escolas infantís e centros de educación especial, especialistas en pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, persoal dos centros de día para infancia, casas pícaro.
- Gabinetes psicopedagóxicos, clínicas de fisioterapia ou logopedia especializados en primeira infancia, psicomotricistas.
Requisito de acceso a los estudios:
Titulación de grado, diplomatura e/ou licenciatura, de entre as seguintes: Medicina, Enfermería, Fisioterapia, Terapia Ocupacional, Logopedia, Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Maxisterio, Traballo Social, Educación social
Será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de mestrado. Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao EEES, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso a educación de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que este en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino do máster. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos. A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos
efectos académicos e profesionais que corresponden ao título previo do que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que non sexa o de cursar o ensino de mestrado.