A Coruña 25 de setembro de 2022

A/A ALUMNADO DO MESTRADO EN DESENVOLVEMENTO INFANTIL E ATENCIÓN TEMPERÁ

Estimados alumnos/as:
É un pracer darvos a benvida á 3ª edición 2022-2023 do Mestrado en Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá cuxo inicio terá lugar o vindeiro día 30 de setembro na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña.

Esta terceira edición do postgrao é semipresencial, alternando as sesións presenciais que celebraremos no Campus de Elviña (habitualmente o Venres a tarde e o Sábado a mañá), coas sesións online que terán lugar os Venres a tarde. Na páxina web do Mestrado tedes un adianto do calendario previsto. Mais adiante acordaremos todo o que ten que ver coa realización do Practicum.

Co obxecto de presentarnos, ter unha primeira toma de contacto, ampliar información e resolver posibles dúbidas sobre o desenvolvemento do Mestrado o vindeiro VENRES 30 de SETEMBRO as 16.00 horas, no Salón de Graos da Facultade e antes de dar inicio a primeira sesión presencial celebraremos un breve acto inaugural coa presencia de María Jesús Movilla Fernández, Vicerreitora do campus de Ferrol e responsabilidade social da UDC.

Decirvos tamén que á información sobre aspectos académicos e aula virtual estará tamén á vosa disposición na web do Mestrado https://masteratenciontemprana.org/

Por outra banda, no que se refire a calquera cuestión relativa á xestión administrativa dirixirvos á Fundación Universidade de A Coruña – FUAC, Paseo de Ronda, 47, 2º. 15011 La Coruña (Persoa de contacto: Isabel Varela Tel: 981 167 000 Ext: 4458 E-mail: i.varelac@fuac.udc.es

Recibide un cordial saúdo
A Dirección do Mestrado
Manuel Peralbo – Catedrático da UDC <manuel.peralbo@udc.es>
Iria Botana – Profesora Asociada da UDC <iria.botana@udc.es>
Jaime Ponte – Presidente da AGAT <981356754@telefonica.net